Cea Concerto no Muiño de Louro o Sábado 3 de Xullo
Publicado por ajustin o 29 June, 2010 - 22:48O Sábado 3 de Xullo das 22 Hrs as 12,30 Cea no Muiño de Louro, o menú desta vez vai ser:
Polbo á Feira con balocas cocidas.
Chipironsiños con tinta e arroz blanco.
e despois a escoller entre:
Tenreira estofada ou bacallao á bras.
E de postre un flan que é melaso.
e as 12,30 Hrs Concerto de Xan Solo
Todo por 15 Euros.
Sábado 26 Xuño Cea con Carlos Santiago
Publicado por ajustin o 23 June, 2010 - 11:29Muiño de Louro Sábado 26, cearemos con Carlos Santiago , e o seu espetáculo irónico-retranqueiro "A Leira Magnética" a media noite na terraza do Muiño de Louro.
O Menú servirémolo dende as 21 Hrs.
Cocktail gambas con Salsa Rosa
Chipirósiños con Pementos
Carne asada con ensalada e balocas frixidas... e un Flan que é melaso....
Viño ou cervexa.
Por 15 €
E o próximo sábado 3 de xullo cearemos con Xan Solo
Sábado 19 de xuño... Ceamos?
Publicado por ajustin o 16 June, 2010 - 22:56Este Sábado 19 de Xuño as Dez da nuite, ímoslle facer uns chipironsiños á prancha con pementiños e cebola, seguidos por unhas costillas de porco a prancha con balocas e ensalada e de postre un flan caseiro que é melaso.
Regado con Viño e Gaseosa polo módico prezo de 15 €.
Vinde cedo que as prazas son moi limitadas.
E próximamente...
Sábado 26, Para Celebrar San Xoan imos ter Cea con Carlos Santiago, e o seu espetáculo "A Leira Magnética".
Sábado 3 de Xullo Cearemos con Xan Sólo.
Xa vos contaremos máis detalles...
Cea e Concerto no Muiño de Louro o Sábado 12 de Xuño
Publicado por ajustin o 2 June, 2010 - 23:14Dende as nove e media da nuite podedes vir comer Polbo á feira e Churrasco de Porco con balocas frixidas ao módico prezo de 12 Euros, para celebrar a apertura da cociña de Verán do Muiño de Louro e da nosa barra ao aire libre. E as once "en-punto" concerto de Snatch de Santiago
(a entrda do concerto é de balde) E despois Dj Lomba, Dj Ramontxo, Dj Laura, Dj Lisa e Dj Gui serán os encargados de facernos bailar.A Cargo da cociña estarán Dj Samu e Dj Alberto e si algo vai mal a culpa sempre será de Muxía.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »