Contos
Abundancia en Uruguai
Publicado por ajustin o 3 June, 2010 - 01:42Contaba un tio que tiña eu que xa morreu, que o que con máis agrado lembraba de Montevideo eran os cancelos de churrasco e as bañeiras de ensalada. A meu tio gustáballe moito comer.
Os Cociñeiros da Campsa
Publicado por Rama o 25 May, 2010 - 23:18Fai anos cando os capitáns da CAMPSA eran como tenientes coroneles, cociñaba nun barco un andaluz que era moi espabilado.
Un día apareceulle no plato ó capitán unha cucaracha coma un demonio, e todo asqueado chamou a gritos ó cociñeiro para pedirlle esplicacións. O cociñeiro foi e colleu a cucaracha, metiuna na boca e tragouna rápidisimo e ainda masticandoa dixolle todo serio:
Que pasa? Mi capitán. No le gusta el ajo?
O can e a Ghuardia sivil.
Publicado por Rama o 3 November, 2009 - 18:31Disque, xa fai anos, iba un home de Louro co carro de bacas e o can pola carretera gheneral. Tiña a costumbre de amarrar o can ó carro, pero es día non o amarrou.
Ó pasar a ghuardia sivil o can tirouse as motos e un dos ghuardias foi ó chan, e o can foi correndo para xunta o seu dono que ó velo vir doulle unha bareadas e o can fuxiu do sitio. O ghuardia ó levantarse foi cara a el todo nervioso e dolorido e preghuntoulle:
De quién es ese perro?
e el contestou: e eu que carallo sei si fora meu non escaba correndo por ahí arriba.
Déixovos unha Fotiño dun solpor en Lariño, que non teño a man ningunha dunha moto.